En xullo de 2015, My Two Hands: Creative Language Learning, abriu as portas do seu novo centro ENGLISH IMMERSION CENTER en Santiago de Compostela. Nesta nova etapa de My Two Hands, ofreceremos un espazo único e totalmente equipado a ton coas nosas crenzas e necesidades.
Ofrecendo un servizo de ludoteca polas mañás, nenos de 2 a 6 anos, terán a oportunidade de estar nun ambiente onde crearán bos hábitos, traballarán a súa autonomía e independencia, e estimularán a súa creatividade e imaxinación, sempre respectando os seus propios ritmos e sempre a través da nosa metodoloxía: aprender xogando. Centrarémonos no método Montessori, unha pedagoxía que incorpora investigación, experimentación, cultura e respecto polo medioambiente, facendo que cada neno forme parte dunha comunidade que inclúa á súa familia pero tamén aos seus compañeiros e profesores. Incorporando actividades dirixidas pero permitindo tamén o xogo libre, reforzaremos os seus intereses individuais, a súa autoexpresión e o seu movemento, facilitando así a adquisición de novos conceptos e os coñecementos para que enfrontarse ao mundo que os rodea sexa unha tarefa máis doada.
Pretendemos ser un centro de inmersión lingüística, non obstante sempre respectaremos o bilingüismo/plurilingüismo de cada familia. Estamos equipados cun profesorado que entende e respecta a importancia da lingua materna e o seu desenvolvemento, que fará o posible para que cada neno se sinta a gusto e nun ambiente agradable. É por iso que o noso centro terá como fin educar en inglés, pero tamén queremos que todos e cada un dos nosos nenos (e as súas familias) se sintan como na casa, algo moi importante para a súa autonomía e autoestima. Por esta razón, traballaremos para reforzar os seus coñecementos en cada idioma deixando que se comuniquen de xeito natural, introducindo o inglés sempre de xeito apropiado e non forzado.